XA CHEGA O NADAL!!!!

18 dic 2011


Xa quedan poucos días para a chegada de Papá Noel para que vexades todo o que traballa para ter todo listo para esa noite tan especial e como fai o reparto de agasallos aquí tedes estes videos. Feliz Nadal!!!

O taller de Santa Claus






A noite antes de Nadal



DÍA DA CONSTITUCIÓN

6 dic 2011

Hoxe celebramos o  aniversario da nosa Constitución. Fai 33 anos que un 6 de decembro os españoles votamos en referendum a Carta Magna. Dase a circunstacia que o ano que ven celebraremos o centenario da primeira Constitución española, chamada "A Pepa" xa que foi promulgada polas Cortes españolas a 19 de marzo de 1812 en Cadiz.
Na Constitución establecese cal é a nosa Bandeira e o noso Escudo, deixovos uns puzzles para xogar. Para desfacer o puzzle tedes que pinchar na roda que hai abaixo a esquerda. Si tedes dificultades podedes poñer por detrás a imaxe pinchando na pantasma. Disfrutade deste día!!!




A GAÑADORA É.....

5 dic 2011

O Pais dos Mandóns foi a obra teatral que resultou gañadora nas nosas eleccións que celebramos o pasado xoves. Aquí tedes unhas fotos de todo o proceso electoral. Si queredes ver máis podedes ir o blog da clase de 5 anos Os pequerrechos de Apelón


As eleccións sirvennos para traballar a importancia de ter unha Constitución da que mañá celebramos o seu día.

MAIS TEATRO

30 nov 2011

Esta semana vai de teatro. Onte tivemos no cole a representación da obra "O país dos mandóns" baseado no conto do mesmo nome de Cristina Justo e Paloma Rodríguez e tamén facendo mención a outros dous libros  desta autora O segredo de Flora e A urna dos desexos. Estos tres contos son os primeiros dunha colección A igualdade conta que nos serven para traballar este tema na educación infantil.



A partir destas dúas representacións de teatro imos realizar unha elección. Como xa puidéchedes ver no cole temos os carteis electorais, xa colocamos o censo e mañá será o día decisivo. Cal das dúas obras será a que máis nos gustou?

SAÍDA AO TEATRO

24 nov 2011

O luns 28 de novembro imos realizar a nosa primeira saída, vai ser ao teatro a Narón para ver a obra Los animales de Don Baltasar.



Esta obra conta a historia dun home que se atopa cun gato que fai muu, un can que miaña, unha vaca que fai cua-cua e un pato que ladra. 
Aquí tedes a ficha técnica da obra.











Tamén imos visitar a Biblioteca de Narón e o Centro Comercial Narón. Como vedes imos aproveitar a saída ao máximo.


FELIZ DÍA DO NENO

20 nov 2011

Hoxe celébrase o Dia universal dos dereitos dos nenos e nenas. Dunha maneira divertida Pocoyo ensínaos, pinchade na imaxe para velos. Moitas grazas ao blog AULA TIC por atopar tantos recursos e compartilos cos demais.






POLO SAN MARTIÑO....

11 nov 2011

...Peóns ao camiño. Eso di o refrán. Hoxe é un día moi especial é o día do peón.
Dunha maneira moi sinxela podemos frabricar os nosos propios peóns, xa que polo de agora os de madeira son un pouco perigosos para vós.
Espero que pasedes unha tarde entretida cos vosos pais facendo estes sinxelos peons e a disfrutar do día!!!

Necesitamos:
Tiras de papel de cores duns 60 cm
Pegamento
Palillos

Pegamos a tira de papel xusto na punta do palillo, imos envolvendo e apretando ben e ao final poñemos pegamento. Seguimos engadindo mais tiras ata ter un disco duns 3 cm. e xa temos o noso peón de papel!!

Si tedes algunha dúvida pinchade na imaxe e poderedes ver o proceso.

FESTA DO MAGOSTO

2 nov 2011

O vindeiro venres imos celebrar o magosto. É un día moi especial para os nenos e nenas de Apelón xa que é unha das veces que subimos ao cole dos maiores.
Para esta festa fixemos unhas cestas con papel de periódico mirade que ven nos quedaron. 

Agora os deixo unhas fotos de todo o que traballaron os nenos e nenas.


                    3 anos




                               4 anos




                    5 anos


Recordade que os nenos e nenas xa van directamente para o cole dos Catro Camiños.

TEMPO DE SAMAÍN!!

26 oct 2011

O 31 de outubro celebramos o Samaín. Como temos uns días de descanso deixovos unha serie de xogos, sacados dos blogs da miña amiga Ana  AULA TIC e MEDRANDO XUNTOS, para disfrutar desta festa.







Se queredes ver o que fixemos o ano pasado clica na cabaza.

PRIMEIRO ANIVERSARIO

20 oct 2011







Hoxe celebramos o primeiro aniversario de A XANELA DE INFANTIL. 
Este curso estou de mestra de apoio e o blog estará aberto a todos os nenos e nenas de educacion infantil, nel intentarei mostrar as actividades realizadas nas sesións de psicomotricidade así como as diversas conmemoracions realizadas ao longo do curso.
En primeiro lugar mostrarvos os nenos e nenas que este ano están en Apelón.


                                                                   

Como podedes ver o grupo de tres anos está incompleto, faltan 5 nenos e nenas, xa se sabe que os virus empezan a facer das súas. Cando estean todos e todas faremos outra foto.



COMEZO DAS CLASES

8 sept 2011



O próximo día 12 de setembro comezan as clases.
Ese día farase a reunión coas familias que será as 11:30




FELICES VACACIÓNS!!!

22 jun 2011

Xa chegou o día tan esperado por todos e todas, hoxe comezades as vacacións.
Durante estos meses traballáchedes un montón, ainda que eu non estiven, de cando en vez facíavos unha visita e vía o moito que estabades aprendendo e o maiores que vos estabades facendo. 
O curso que ven xa ides para o cole dos maiores. Moita sorte nesta nova etapa das vosas vidas.
Tamén desexarlle á profe Alba moitisima sorte nas oposicións.

Que disfrutedes das vacacións e recordade que é un bo momento para xogar cos vosos pais. 

Bicos para todos e xa nos verenos de cando en vez nos  "Catro Camiños"


Para os días de choiva que poidan vir no verán aquí tedes estas actividades espero que vos gusten. Pinchade na imaxe para xogar.


XA CHEGOU!!!!

1 abr 2011

Por fin!! Hoxe recibin a vosa carta. O correo parece que vai un pouco lento xa que vós mandáchedes a carta o día 23 de marzo e eu a recibo o día 1 de abril. Ni que Mugardos e Neda estiveran moi lonxe. 
Púxenme moi contenta, que guapas eran as xoaniñas verdes!!. 
Moitas grazas por acordaros de min. 
Bicos para tod@s.





RECUPERÁNDOME!!

24 feb 2011




Como sabedes estou enferma e pouco a pouco vou recuperándome pero aínda me queda.
Teño moitas ganas de veros.
Moitas grazas as profes Elvira, Ruth e Pili,
así como aos demáis compañeiros e compañeiras do cole
por preocuparse por min.
Bicos a todos e todas
.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.