PINTANDO GUSANOS

20 jun 2013




Despois de estar todos os días vendo gusanos que menos que levar algún para casa, pero non vos preocupedes xa que non lles tedes que dar de comer xa que os fixemos con cartóns da froita. Moitas grazas a Paola a nai de Marco que nos facilitou os cartóns. Mirade como os fixemos. 



UN CENTO DE BOLBORETAS

Durante esta semana foron saindo o resto das volvoretas e xa están poñendo ovos. Esperaremos á próxima primavera para volver a ter gusanos e para  estudar máis en profundidade o proceso de transformación do gusano de seda.



 

UNHA BOLBORETA

13 jun 2013


Hoxe pola mañá tivemos unha sorpresa, cando fomos a ver os casulos dos gusanos atopamos unha bolboreta. 
Os gusanos de seda  dentro dos casulos transformáronse en bolboretas, tivemos que esperar uns vinte días, tiñamos medo de que rematara o curso e non poder ver as ansiadas bolboretas.
A miraron con moita atención.




Gústannos tanto as bolboretas que cada vez que escoitamos esa palabra poñémonos a cantar esta canción


OS GUSANOS

4 jun 2013

Seguro que sabedes que levamos un tempo coidando no cole duns gusanos. 
Despois da Semana Santa enterámonos que na clase de catro anos nacéranlles gusanos, así que fomos a pedirlles se nos daban uns poucos pois como nos gustan moito as bolboretas queriamos ver como era o proceso de transformacion dos gusanos de seda en bolboretas.


Dixeronnos como os tiñamos que coidar e déronnos unhas recomendación: 
so comen follas de moreira, non os podíamos coller na man ata que foran un pouco máis grandes e non podíamos berrar pois asustanse.
Temos a sorte que no cole hai unha moreira así que collimos as follas para alimentalos.



Todos os días hai que poñerlles varias follas e son tan glotóns que axiña as papan.





Cada semana que pasa vanse facendo mais e mais grandes.


E xa os podemos coller con moito coidado.


Agora estan a facer os casulos e temos que esperar a que saian as bolboretas. Esperemos que o fagan antes de rematar o cole.

DESPEDIMOS A KATIE

3 jun 2013


O pasado xoves 30 de maio despedimos a auxiliar de conversa que estivo con nós durante este curso. A despedida oficial foi o día anterior pero cando estabamos apiques de sair para catro camiños empezou a chover e por iso tivemos que facerlle outra en Apelón. 
O primeiro que fixemos foi xuntarnos na aula de psicomotricidade para ver o video de recordo preparado pola profe de inglés.


 
Despois cantamos algunhas cancións con Katie.


Pasámolo moi ben. 
Boa sorte Katie!!!

MEU LIBRO FAVORITO.

2 jun 2013


Para celebrar o día do libro (23 de abril) trouxemos o noso libro favorito e fixemos unha exposición con eles e despois os fomos lendo aos nosos compañeiros.
Foi unha actividade que lles gustou moito xa que eles eran protagonistas do momento do conto.

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.