CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

13 mar 2017

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da non violencia e a paz. Anteriormente a celebración estivemos traballando no cole o cadro "Juegos de niños" de Brueghel.

Este cadro tamén serviunos para traballar o dereito dos nenos e nenas ao xogo.(20 de novembro día internacional dos dereitos dos nenos e nenas).

Unha actividade foi buscar os diferentes xogos que estaban representados no cadro.



Tamén dibuxamos os xogos.


E o que máis nos gustou foi facer o noso propio cadro. Nesta ocasión foi un cadro colectivo xa que todo o cole participou.




E este foi o resultado. 
O cadro pódese titular Nenos e nenas xogando en Mugardos.

Coma estivemos traballando diferentes xogos que mellor que celebrar o Día da Paz xogando.







Xogos de equilibrio.










Xogos con aros.








Xogo do pano.

Xogos coa corda.


Pita cega.





Coma era un día de festa tiñamos que ter música e nesta ocasión foi a canción Apertas que voan.


Para rematar a xornada festiva descubriuse unha placa conmemorativa do centenario do cole diante do carballo plantado o día 2 de outubro de 2011.




E xa como remate final unha solta de globos.
Foi unha xornada moi intensa e divertida.


0 comentarios:

Plantilla creada por laeulalia basada en la harbor de blogger.